O PSOE da Estrada presentou á Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra (dependente do Ministerio de Transportes) unha solicitude para que se leven a cabo medidas de calmado de tráfico na N-640 ao seu paso polo casco urbano.
Para López Bueno, líder do partido no concello, este é un tema no que “todos os grupos políticos habemos estar dacordo”.
Tamén fixo referencia a outro punto negro do vial nacional ao seu paso polo concello: Liñares. Segundo comentou, o Ministerio de Transportes atópase avaliando unha solicitude de mellora de seguridade nese punto, que fora enviada polos socialistas estradenses.
Aproveitou para opinar que se lle deben esixir melloras nos viais a todas as administracións, “sexan da cor que sexan”. Ademais, agarda que o PP “tome exemplo” e faga o mesmo cos viais autonómicos PO-841 (A Estrada – Santiago) e PO-213 (Aguións – Ponte Ulla).
Imaxe de portada:
Avenida Benito Vigo, tramo urbano da N-640 na Estrada // Google Street View


Deixar un comentario