Bos resultados para o Atletismo A Estrada en Balaídos e en Cuntis

Bos resultados para o Atletismo A Estrada en Balaídos e en Cuntis

Carla Pintor e Noa Barros, sub16 do Club Atletismo A Estrada, participaron no XXXV Reconquista – Trofeo Antonio Fernández, celebrado nas pistas de Balaídos.

Noa Barros participou nos 600ml, onde lle seguiu a estela á favorita, o que fixo que pagara o esforzo nos últimos 100 metros, rematando segunda marcando un tempo de 1:47.17.

Carla Pintor debutou nos 300m valos co medo do descoñecido, algo que fixo que rematara a proba en 53.05 segundos. Tamén competiu por primeira vez nos 100ml, onde venceu na súa serie cun tempo de 13.57 segundos.

25 deportistas do clube participaron na terceira xornada do Plan Xogade, celebrada nas pistas do CGTD de Pontevedra, onde realizaron actuacións destacables.

Bronce de Nico Lorenzo

Este domingo celebrouse en Cuntis o Campionato de Galicia de montaña ao carón do X trail Vila de Cuntis. Alí participou o sub16 Nico Lorenzo, que completou os 9 quilómetros nunha hora, 3 minutos e 9 segundos, rematando en terceira posición da carreira popular.


Imaxe de portada:
Noa Barros e Carla Pintor en Balaídos (esquerda) e Nico Lorenzo en Cuntis (dereita)

Comentarios

Deixar un comentario