O CNS participou no Campionato Galego Absoluto de Piscina e regresou del con varios metais: o equipo junior masculino fíxose co ouro nos 4×50 0bstáculos e nos 4×25 relevo maniquí e o equipo junior feminino, no relevo combinado. Este equipo tamén conseguiu a prata en lanzamento de corda.
En segunda posición tamén remataron o equipo mixto junior en relevos, Carolina Valiño nos 100 aletas absoluta e Manuel González nos 100 socorrista absoluto.
No caso do equipo absoluto masculino, conseguiron bronces en lanzamento de corda, 4×50 natación con obstáculos e relevo combinado. O clube rematou na cuarta posición da clasificación xeral conxunta.
Imaxe de portada:
Equipo do CNS // CNS A Estrada

Deixar un comentario