A Estrada superará durante varios días os 25 graos

A Estrada superará durante varios días os 25 graos

Un episodio de temperaturas superiores ás habituais nun mes de abril afectará estes días á Estrada. Tras alcanzar unha máxima de 24 graos este mércores, as temperaturas continuarán ascendendo ata os 27 graos previstos para o venres e, durante a fin de semana, descenderán lixeiramente. O luns produciráse un descenso brusco, no que as máximas baixarán 8 graos.

As mínimas, que tamén ascenderán, manteránse en valores habituais para a época do ano.


Pode seguir a previsión diaria nas nosas historias en Facebook e Instagram e no noso Telegram.

Imaxe de portada:

Concello da Estrada // Arquivo / O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario