Unha saída de vía en Baloira sáldase con danos materiais

Unha saída de vía en Baloira sáldase con danos materiais

Unha furgoneta que circulaba pola PO-182 – vial de Baloira desde que o que se pode ir dirección a Pontecesures e a San Andrés e San Xulián de Vea desde a PO-841 – saíuse da vía pola marxe esquerda pouco antes das 9.30h da mañá deste mércores. No sinistro só houbo que lamentar danos materiais.

Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico de Lalín, Mantemento de Estradas e a Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.


Imaxe de portada:
Vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario