A Estrada achegouse aos 30 graos en pleno abril

A Estrada achegouse aos 30 graos en pleno abril

Aínda que as temperaturas destes últimos días fan pensar que xa rematou hai varios días, a primavera comezou hai tres semanas. O episodio de calor que estamos vivindo, que non se considera vaga de calor pero sí episodio excepcional, deixou na Estrada temperaturas próximas aos 30 graos.

Segundo a AEMET, o xoves os mercurios marcaron os 28,4 graos de máxima e, este venres, os 29,3 graos. Segundo as previsións deste organismo, este sábado volverán a ser altas e, o domingo, comezarán a baixar.


Pode seguir a previsión diaria para o concello nas historias do noso Facebook e do noso Instagram e no noso Telegram.

Imaxe de portada:
Palco da Música da Estrada // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario