Os centros educativos galegos mostraron este venres a súa repulsa ao xenocidio que está cometendo Israel en Gaza. Nun acto convocado por Docentes con Palestina, os estudantes saíron aos patios ao mediodía para a lectura do manifesto e para gardar un minuto de silencio.
O Xornal da Estrada acompañou o acto celebrado no IES Manuel García Barros, que comezou lembrando que, no que vai de guerra, en Gaza morreron máis persoas das que viven na Estrada.
A continuación, dúas alumnas leron dous poemas, un escrito por un emigrante palestino e outro escrito o día anterior á morte de quen o escribiu. Tras isto, gardouse un minuto de silencio.
O acto tamén contou coas súas respectivas pancartas pedindo o alto ao fogo. Unha delas representaba unha sandía, símbolo empregado por contar coas cores da bandeira palestina.





Imaxe de portada:
Acto en repulsa do xenocidio en Gaza no IES Manuel García Barros // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario