Estes son os nomes e os apelidos máis comúns na Estrada

Estes son os nomes e os apelidos máis comúns na Estrada

O Instituto Galego de Estadística (IGE) conta cunha funcionalidade que permite coñecer cales son os nomes e os apelidos máis frecuentes en cada concello.

Deste xeito podemos comprobar como o nome máis frecuente entre as mulleres estradenses é María del Carmen, representando o 23,86% de todas elas. Os seguintes nomes máis habituais son: María (15,3%), Carmen (11%), María Dolores (10,7%), María José (9,4%), Dolores (7,5%), Ana María (7,3%), María Isabel (7%), María Carmen (6,7%) e María Teresa (6,4%).

Entre os homes, o 42,7% chámase Manuel. Os seguintes na lista son: José (25%), José Manuel (23,8%), José Antonio (10,8%), Antonio (10,3%), Jesús (10,1%), Jose Luis (9,6%), David (7,8%), Javier (7,7%) e Pablo (7,4%).

No caso dos apelidos, máis da metade dos estradenses apelídanse Rodríguez (52,1%) e García (50,9%). Séguenos Fernández (42,7%), López (40,55%), Rey (39,4%), Iglesias (35,9%), González (30,1%), Castro (26,6%), Martínez (23,3%) e Vázquez (22,1%).

Pode consultar se o seu nome e os seus apelidos están entre os 25 máis comúns do concello a seguir:

Comentarios

Deixar un comentario