José López Campos será Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

José López Campos será Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

Tal e como apuntaban as quinielas, José López Campos, alcalde da Estrada, será Conselleiro no novo goberno de Alfonso Rueda. López Campos, tal e como anunciou o Presidente da Xunta de Galicia este domingo, liderará a Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.

Esta Consellaría sepárase da de Educación, na que segue á fronte Román Rodríguez.

Este nomeamento conlevará cambios no goberno municipal estradense, onde haberá, cando menos, novo alcalde. Un dos candidatos para ocupar este cargo é Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, quen tamén era candidato a ocupar o cargo no que estará López Campos.

Juan Constenla, alcalde en funcións

Juan Constenla ocupará o cargo de alcalde en funcións ata que o pleno do Concello da Estrada nomee un novo alcalde. Isto faráse nun pleno urxente, no que tamén entrará Jéssica Rodríguez como nova concelleira

José López Campos

López Campos naceu en 1974 na Estrada e estudou ata o cuarto curso da Licenciatura en Ciencias Empresariais e comezou a traballar nunha oficina de CaixaBank na Estrada en 1996.

En 2003 foi elixido Concelleiro de Industria e Comercio e tenente de alcalde da Estrada. No 2009 deixou o seu posto na banca para ser Deputado do Parlamento de Galicia. En 2011 encabezou as listas do PP da Estrada nas municipais, nas que conseguiu recuperar o goberno que os populares perderan catro anos antes. En total, leva 4 maiorías absolutas na Estrada.

Comentarios

Deixar un comentario