O nomeamento de José López Campos como Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude continúa despertando reaccións entre os partidos da oposición.
Tras as críticas do BNG ao nomeamento, Luís López Bueno, líder do PSOE da Estrada, optou por unha mensaxe moito máis calmada. López Bueno alegrouse, “dende o respecto persoal”, da súa elección.
Desexoulle “moita sorte” e remarcou que “é unha Consellería moi importante para todos os que vivimos e pensamos en galego”.
Por último, pediu que na elección do novo alcalde ou alcaldesa “primen os intereses dos veciños e veciñas da Estrada”, xa que “convén fuxir de liortas, bandos enfrontados e intereses persoais”.
Imaxe de portada:
José López Campos no acto de presentación da súa campaña electoral en 2023 // Facebook


Deixar un comentario