Os populares felicitan a López Campos polo seu nomeamento como Conselleiro

Os populares felicitan a López Campos polo seu nomeamento como Conselleiro

Na mañá deste domingo Alfonso Rueda anunciou que o ata agora alcalde da Estrada, José López Campos, será Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.

As reaccións entre compañeiros de partido non se fixeron agardar. Desde o PP local comentaron que é “un momento emocionante para A Estrada” e desexáronlle “moito éxito” na nova etapa.

Luis López ‘Lugués’, Presidente da Deputación de Pontevedra, comentou que sabe que o novo Conselleiro dará o mellor del no cargo e destacou que “eres un gran xestor como ben demostraches na Deputación”.

Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, falou del como “amigo e veciño”, lembrando que no acto de toma de posesión de Rueda sentáronse xuntos.

Mari Carmen Seijas, do PP de Agolada, destacou que López Campos “foi un gran alcalde e será un gran Conselleiro” e, Pepa Pardo, senadora do partido, que é un “gran político e mellor persoa”. Desde o PP de Bueu, Daniel Chapela desexoulle “os mellores desexos e acertos”.

Comentarios

Deixar un comentario