López Campos xurou o cargo como Conselleiro

López Campos xurou o cargo como Conselleiro

Pasadas as nove da mañá deste luns celebrábase a toma de posesión do novo goberno da Xunta de Galicia. O acto celebrouse no Pazo de Raxoi (Santiago de Compostela).

Nel, José López Campos, antigo alcalde da Estrada, xurou “ser fiel ao meu mandato como Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, observar e facer cumprir a Constitución e o Estatuto de Autonomía e as demais leis de Galicia e do Estado e exercitar as miñas funcións no interese supremo de Galicia e España”.

Tras isto, fundiuse nunha aperta con Alfonso Rueda, con palmadas incluídas do Presidente da Xunta nas costas de López Campos. En todo momento notouse a boa relación que manteñen ambos, algo que fixera que o exalcalde estivera presenta en todas as quinielas.


Imaxe de portada:
José López Campos xurando o seu cargo // Xunta de Galicia

Comentarios

Deixar un comentario