PERFIL| Os candidatos a ser novo alcalde da Estrada

PERFIL| Os candidatos a ser novo alcalde da Estrada

Tras a marcha de José López Campos da alcaldía da Estrada para ocupar o cargo de Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, A Estrada terá novo alcalde ou alcaldesa. Agora as quinielas apuntan a tres posibles candidatos: Gonzalo Louzao, Juan Constenla e Amalia Goldar.

Outra das opcións que soaba, a de Valentín García, comezou a caer delas ante a posibilidade de que continúe na Xunta de Galicia.

Gonzalo Louzao

Gonzalo Louzao traballou como becario de investigación no Departamento de Urbanismo e como becario de marketing da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Desde 2019 é o responsable da Concellería de Urbanismo da Estrada e Mercados e, tras as eleccións de 2023, sumou Rural e Obras.

Juan Constenla

Juan Constela é enxeñeiro, dirixiu a Escola Taller da Estrada e tamén ocupou os cargos de Secretario Xeral do PP estradense, Tenente de Alcalde e Deputado no Congreso dos Deputados. Actualmente ocupa o cargo de Concelleiro de Parques e Xardíns, Servizos Municipais, Cultura, Medio Ambiente, Seguridade e Protección Civil e, desde este luns, o de alcalde en funcións.

Amalia Goldar

Avogada, no caso de ser elixida sería a segunda alcaldesa da historia do concello. Xa ten ocupado o cargo de alcaldesa en funcións e é Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación.


Imaxe de portada:
Pleno do Concello da Estrada // Captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario