O PP da Estrada elixiu por unanimidade a Gonzalo Louzao como sucesor de José López Campos. Fíxoo esta tarde despois do pleno extraordinario co que se aprobou a dimisión do antigo mandatario. A súa toma de posesión será nos vindeiros días.
Deste xeito, o popular dá un paso máis na súa acelerada carreira política, que comezou como Concelleiro de Urbanismo e Mercados en 2019 e, en 2023, sumou Rural e Obras. Agora, case un ano despois, convértese en alcalde do concello.
O candidato favorito polos estradenses
Segundo unha enquisa realizada por este medio, Louzao é o candidato preferido polos estradenses. Conseguiu o 51% dos votos. Tras el, atópanse Amalia Goldar (35%) e Juan Constenla (14%).


Deixar un comentario