ADEGA e a Asociación de Afectados polo Parque Eólico Monte Xesteiros crearon unha recadación de fondos para presentar un recurso contencioso-administrativo contra o eólico. Este afectaría a fauna protexida, flora endémica e bens patrimoniais como a igrexa de Santa María de Frades.
En 30 días rematará o prazo para cumprir o primeiro reto, que é alcanzar 4500 euros. O segundo reto, que ten unha duración de tres meses, sitúase nos 5000 euros. No momento de redacción desta nova xa se recaudaron preto de 1000 euros.
Imaxe de portada:
Pancartas contra o parque eólico // Asociación de Afectados polo Parque Eólico Monte Xesteiros

Deixar un comentario