Reices: A indamisión do recurso de RPT “é a demostración palpábel de que o PP é un pésimo xestor”

Reices: A indamisión do recurso de RPT “é a demostración palpábel de que o PP é un pésimo xestor”

O BNG reaccionou á inadmisión do recurso pola RPT por parte do Supremo e que obriga ao Concello a pagarlle as débedas aos traballadores. Xoán Reices, voceiro do partido, afirmou que “a inadmisión a trámite do recurso de casación que presentou o Concello no TSXG é a demostración palpábel de que o PP é un pésimo xestor”.

Para Reices “o peor de todo é que a pésima xestión do concello recaerá unha vez máis no peto dos veciños e veciñas” e lembrou a subida do IBI, que se produciu por “gastar máis do que ingresa o Concello”.

“Non toleraremos máis subidas de impostos nin moito menos incrementar a débeda”

Ademais, felicitou “ás traballadoras e traballadoras por defender os seus dereitos” e lamentou que tiveran que recorrer ao TSXG.


Imaxe de portada:
Concello da Estrada // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario