Este mércores ás 20.30h estrearáse nos cines da Estrada o documental Ángel Lemos, a paixón creativa, que narra a vida do artista estradense. Dirixido por Xan Leira, conta coa participación de familiares e coñecidos do pintor.
Ángel Lemos, a paixón creativa
Ángel Casto Lemos de los Reyes nace o 1 de marzo de 1917 en Vigo, no fogar de Antonio Lemos e Juana de los Reyes, e ata a súa morte, no ano 2002 na vila da Estrada, a súa vida estivo nutrida dunha traxectoria azarosa, rica e sorprendente. Como sorprendente é o descoñecemento que temos na actualidade sobre a súa biografía, obra plástica e artística en xeral: pintor, actor, autor teatral, ceramista, poeta, mestre, escultor, decorador…
A súa vida estivo marcada radicalmente pola Guerra Civil: foi mobilizado e pasouse ao bando republicano; sufriu os campos de concentración e cadeas; logo o exilio na Arxentina (1950) e as penurias propias dese contexto histórico incerto e interminable. O retorno á terra (1977), coma noutros casos, foi o retorno á terra que xa non recoñecía nin o recoñecía. Sen lugar a dúbidas, a biografía de Ángel Lemos é a historia dun home singular.
Imaxe de portada:
Xan Leira na presentación do documental // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario