A Estrada vivirá un pleno histórico este sábado

A Estrada vivirá un pleno histórico este sábado

Nunca antes pasou. Por primeira vez na democracia un alcalde da Estrada deixa o seu cargo para ocupar outro posto de máis rango a nivel autonómico. E este momento rematará este sábado ás 13.00h.

A esa hora está prevista a celebración dun pleno urxente no Concello co que entrará a nova edil do PP, Jéssica Rodríguez, e, a posteriori, votaráse o novo alcalde ou alcaldesa da Estrada.

O PP xa anunciou que presentará a Gonzalo Louzao, aínda que os outros partidos poderán presentar os seus candidatos. O máis seguro é que sexa Louzao quen saia electo como novo mandatario, grazas á ampla maioría absoluta da que goza o seu partido.

Tras isto, José López Campos, último alcalde da Estrada, entregará o bastón de mando ao novo alcalde. Despois, o novo rexidor saúdará un a un aos concelleiros e dará o seu discurso.

Tras isto, tocarálle reorganizar o goberno e, posiblemente, Juan Constenla abandonará o seu posto como edil para ir ao grupo de traballo de José López Campos na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Comentarios

Deixar un comentario