150 alumnos da ESO xogaron ao bádminton no Coto Ferreiro

150 alumnos da ESO xogaron ao bádminton no Coto Ferreiro

150 alumnos de 3º e 4º da ESO do CPR Nosa Señora de Lourdes, do IES Manuel García BArros, do IES Número 1, do CPI Santa Lucía de Moraña e do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis participaron nunha xornada de bádminton no Pavillón Coto Ferreiro.

A actividade foi organizada pola Agrupación de Deportes Escolar da Estrada e, os seguintes que desfrutarán de actividades deportivas entre centros, serán os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria, neste caso, o vindeiro xoves.


Imaxe de portada:
Rapaces xogando ao bádminton // A Estrada Deporte

Comentarios

Deixar un comentario