Nova rotura dunha tubaxe na Terceira Travesía de América

Na mañá do pasado sábado unha tubaxe rompeu na Terceira Travesía de América. Ata o lugar desprazáronse operarios do Concello para subsanar a incidencia.

Esta foi a última dunha serie de roturas que se levan producindo varios anos en dita rúa e nas rúas Forcarei e Cerdedo, nas que nalgún caso os veciños chegaron a estar máis de 16 horas sen subministro de auga.

Comentarios

Deixar un comentario