Este domingo terá lugar en Couso unha camiñata solidaria a favor de ADEGA en apoio á plataforma Eólicos non Monte Xesteiros. A camiñata terá unha lonxitude de 12 quilómetros, con saída e final na casa escola de Couso.
A saída será ás 10.00h e a inscrición custará 10 euros, aínda que se pode aportar máis dado que o recaudado destinaráse íntegramente a doalo á ADEGA. A inscrición realizaráse, como moi tarde, media hora antes do inicio, podendo facerse con anterioridade a través do correo asociacionorueiro@gmail.com ou enviando un WhatsApp ao 660007568.
Imaxe de portada:
Carteis contra os eólicos // cedida


Deixar un comentario