Preto das 14.30h deste luns producíase no lugar de Dorelle, San Xulián de Vea, un aparatoso accidente que, afortunadamente, saldábase sen feridos. Un vehículo que circulaba pola EP-7019 saíase do vial levando por diante varios postes dunha finca, quedando completamente destrozado na súa parte frontal.
O condutor trasladouse polos seus propios medios ata o PAC da Estrada. Ata o lugar desprazáronse a Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.
Imaxe de portada:
Vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario