Este 1 de maio terá lugar na Estrada unha manifestación polo Día do Traballador. Será ás 12.00h na Praza do Mercado e está organizada pola CIG, baixo o lema Traballo digno. Pola paz e a soberanía dos pobos. Contra o imperialismo.
Esta manifestación estará centrada na precarización das condicións laborais e de vida, en confrontar “o espolio e as políticas económicas neoliberais dos Gobernos” e na “solidariedade de clase e mobilización contra o saqueo”.

Deixar un comentario