Tras ser preguntado este xoves no pleno polo BNG, Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, anunciou que entre agosto e setembro levaránse a cabo asfaltados en pistas de varias parroquias do concello.
En concreto serían en Couso, no Souto de Vea, en Santa Cristina de Vea, en Santeles, en Orazo, en Berres, en Frades, en Moreira, en Matalobos, en Vinseiro, en Liripio, en Barbude, en Frades, en Rubín, en Lamas e en Callobre.
Estes asfaltados realizaríanse, segundo anunciou o mandatario, con fondos do Plan +Provincia.

Deixar un comentario