Este xoves o pleno abordou o plan contra o despoboamento proposto polo BNG. Segundo Xoán Reices, voceiro do partido no concello, este “suporía a medio prazo un revulsivo demográfico”.
O concelleiro explicou que “para que a Estrada non perda o seus status como concello de 20.000 habitantes”, primeiro é necesario analizar a situación e, despois, tomar medidas.
“Para o BNG pasa por incrementar o solo industrial público, medidas fiscais para facilitar o asentamento de máis veciños e empresas, así como solicitar á Xunta a construción de vivenda de promoción pública, promover a vivenda baleira para venda ou en aluguer”, explicou.
Na votación, o PP foi o único partido que votou en contra, facendo que se rexeitara esta proposta con 12 votos en contra e 6 a favor.
“Lamentamos o posicionamento do PP que só ten parches atallar esta sangría, ten plan, só parches, e que á vista dos números está claro que non serven para tapar a fenda demográfica da Estrada”


Deixar un comentario