López Bueno ve necesario “deseñar una política de vivenda propia da Estrada”

López Bueno ve necesario “deseñar una política de vivenda propia da Estrada”

Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, reclamou no pasado pleno que A Estrada consiga vivendas de protección autonómica nos 3 anos que quedan de mandato.

Por iso cre que o concello debe conseguir investimento do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), aínda que “das 8000 vivendas prometidas” por Rueda no pasado mes de abril (en xaneiro eran 20.000) “non creo que cheguemos sequera á metade”.

“Rueda non anunciou cambios nos criterios do IGVS e polo tanto as vivendas públicas seguirán construíndose exclusivamente nas cidades”.

Para López Bueno é necesario “deseñar una política de vivenda propia da Estrada porque non a hai, e facilitar a promoción privada para conseguir inversións no noso concello”.

Segundo o socialista, o PP non está sabendo aproveitar a situacion na que se atopa Santiago, con “prezos prohibitivos” que fan que as familias se fixen noutros concellos próximos. Mentras, comentou, estáse dando a paradoxa de que hai problemas á hora de mercar e alugar cando en 10 anos se pasou de 1900 vivendas baleiras a 4000.

Comentarios

Deixar un comentario