Polémica garda nas Urxencias: 45 minutos sen atender aos pacientes mentras un rapaz “subíase polas paredes” da dor que tiña

Polémica garda nas Urxencias: 45 minutos sen atender aos pacientes mentras un rapaz “subíase polas paredes” da dor que tiña

As Urxencias da Estrada volveron a ser escenario das polémicas no que os pacientes calificaron de “vergoñento”. Unha paciente contou a través das redes sociais a situación pola que pasaron varios pacientes, incluída ela, este luns.

Segundo o seu relato, ela chegou ao PAC ao redor das 19.10h e, aos cinco minutos, saíron tres pacientes das consultas. Nese momento só había tres persoas agardando a ser atendidas, incluída ela, pero os sanitarios non chamaban a ninguén.

Pouco despois da saída do último paciente da consulta, chegaron outros doentes, entre os que se atopaba un rapaz cunha intensa dor no abdome. Mentras, agardan a ser atendidos (algún aínda estaba esperando para facer a triaxe) escoitan o ruído dunha culleres remexendo, en palabras da doente, o café. O recepcionista tardará 10 minutos en saír para atender ao seu posto.

Ás 20.00h, 45 minutos despois de que o último paciente fora atendido, chaman ao seguinte e a nai do rapaz ao que lle doe a barriga pregunta se van a tardar moito, pois a dor está aumentando.

15 minutos despois volve a facer a pregunta porque o rapaz, segundo comentou a nai, estaba “subindo polas paredes” por culpa desta, sen saber en que posición colocarse. A nai pídelle que lle dean algo para a dor e remata marchando, segundo comentou a testemuña, “berrando para Santiago co seu fillo”.

Ás 20.40h saiu da consulta o paciente, entrou outro distinto e, cinco minutos despois, facía o mesmo quen comentou esta situación a través das redes. Lembremos que ela chegara unha hora e media antes.

Nos 25 minutos nos que a doente ten que agardar na sala de espera polos resultados dunha proba, o facultativo non chamou a outros pacientes. Mentras, os pacientes pedíanlle explicacións ao recepcionista que dixo “que é cousa do médico”.

Máis tarde vólvena chamar para coñecer os resultados e ten que agardar a que chegue o médico, que chega “bebendo dunha taza cunha parsimonia pasmosa”.

Esta paciente confirmou que puxo unha reclamación a un servizo, que todos os que comentaron, coincidiron en que foi “vergoñento”.


Imaxe de portada:
Centro de Saúde da Estrada // Google Street View

Comentarios

Deixar un comentario