No pasado pleno do Concello, desde o PSOE comentaban que tiñan constancia de que había persoas ás que lles custaba acceder aos plenos, polo que solicitaban, como medida alternativa, que estes se emitisen en directo a través da canle oficial do Concello.
Nunha enquisa realizada na web do Xornal da Estrada, case o 44,4% dos enquisados afirmou que nunca ve os plenos, mentras que o 19,4% faino habitualmente.
A facilidade de acceso aos plenos sería unha materia suspensa, segundo os datos desta enquisa, pois, pedíndolle aos enquisados que a valoraran do 1 (nota máis baixa) ao 5 (nota máis alta), a media resultante foi dun 2,25. Se a cualificación se fixera do 0 ao 10, quedaría nun 3,125.
Por último, o 58,3% afirmou que vería máis os plenos se estes se emitisen por YouTube. Para un 19,4% bastaría con mellorar a accesibilidade e, para un 11,1%, sería mellor que se emitise a través das redes sociais, como Facebook e Instagram. Para o 8,3% dos enquisados non sería necesario facer ningún cambio.
Imaxe de portada:
Pleno do Concello // Concello da Estrada


Deixar un comentario