Tras asegurar o ascenso a Primeira Galicia o pasado 21 de abril, agora o Vea podería proclamarse campión de liga este domingo. Actualmente ocupa a primeira posición, con 6 puntos máis que o segundo clasificado, o Vista Alegre.
A primeira posibilidade para conseguir o título será este domingo ás 17.00h no campo de San Martiño (Callobre), onde se enfrontará ao Val do Ulla. Se non perde, será o gañador da liga.
No caso de que perdera, tocaría estar pendentes do que ocorra ás 19.00h na Cañoteira (Cacheiras), onde o Cacheiras enfrontaráse ao Vista Alegre. Se o Vista Alegre non gaña, o Vea será o campión da liga.
No caso de que este domingo o Vea perdera e o Vista Alegre gañara, decidiríase todo no encontro que enfrontará a ambos equipos o domingo 19 na casa do Vista Alegre. Nese caso, só unha derrota do Vea podería poñer en risco o título que xa están a piques de conseguir.
Imaxe de portada:
Celebración do ascenso do Vea // Cedida


Deixar un comentario