Codeseda terá a súa primeira Ruta Cabalar en xuño

Codeseda terá a súa primeira Ruta Cabalar en xuño

O 15 de xuño terá lugar en Codeseda unha Ruta Cabalar. Esta saíra da Carballeira da parroquia ás 15.30h e terá un percorrido de 25 quilómetros atravesando varias parroquias.

Ademais, ás 21.30h haberá unha cea e, a posteriori, varios sorteos. A velada estará ameniada polo dúo Pachi Show. Desde a mañá haberá unha feira na Carballeira e pulpeiro e, durante a tarde tamén haberá hinchables.

O prezo de inscrición é de 5 euros para a ruta e os pinchos pero, se tamén se vai a asistir á cea, a cuantía ascende a 17 euros para os rapaces de ata 15 anos e a 35 euros para o resto.

A data límite para inscribirse é o 11 de xuño e pódese facelo o Hotel A Estrada Rooms, no Café bar Caminho da Geira de Codeseda ou chamando ao 644 786 149 ou ao 667 818 869.

Comentarios

Deixar un comentario