Noa Cabaleiro Ribadulla, estudante do IES Número 1 da Estrada proclamouse este sábado campioa da VII edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María grazas á Xustiza pola man. O acto celebrouse en Outeiro de Rei (Lugo).
O xurado, conformado por Omar Rabuñal Varela, realizador; Eduardo Álvarez González, guionista e profesor, e Anxa G. Refoxo, profesora e guionista, premiou a Noa pola “sobresaliente interpretación da protagonista cuns planos que transmiten plenamente a variedade de emocións que transitan o poema. Pola plasticidade das imaxes e un ritmo na montaxe que contribúen moi notablemente a conducir e achegarnos á palabra literaria”.
Este concurso de videopoemas é organizado pola Casa-Museo Manuel María para “potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe e difundir a obra de Rosalía e Manuel María”.
Imaxe de portada:
Noa Cabaleiro recollendo o premio // Casa-Museo Manuel María


Deixar un comentario