A estatua do peregrino que se atopa na Praza do Concello amenceu este sábado cun pano no pescozo, aínda que nas primeiras horas nas que este estivo colocado, cubríalle a máscara que aínda conserva da pandemia.
O pano é similar ao tradicional palestino e que se converteu nun dos símbolos empregados para pedir o final do xenocidio que está levando a cabo Israel en Gaza.

Esta é a nova sorpresa que dá esta estatua metálica, pois a súa instalación xa fora inesperada ata para o seu autor, o estradense Manuel Lago, dado que foi unha inocentada do seu fillo feita no ano da pandemia.
Imaxe de portada:
Estatua do peregrino co pano // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario