Últimos días para inscribirse na BTT do Salmón

Últimos días para inscribirse na BTT do Salmón

O vindeiro venres ás 16.30h terá lugar a XXVI Ruta do Salmón, unha marcha cicloturista de BTT que non puntúa en ningún calendario. As inscricións están abertas ata este mércores ás 23.59h na web de EME Sports.

O percorrido terá case 40 quilómetros. Sairá da parte alta da Praza da Feira, continuará pola rúa Ulla, baixará por Leicures para continuar pola rúa do Muíño e continuar polo monte polas parroquias de Aguións, Lagartóns, Moreira, Barbude, Paradela, Santeles, Cora, Santeles e Toedo. Despois regresarán á Feira pasando por Figueiroa e pola Cañoteira.

Comentarios

Deixar un comentario