O BNG móstrase en contra do novo eólico na Estrada

O BNG móstrase en contra do novo eólico na Estrada

O BNG reaccionou ao proxecto do Parque Eólico Xubrintas, impulsado por Driza Incosa e que afectará aos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.

Os nacionalistas ven con “estupor como unha vez máis o noso concello volver estar na diana das eléctricas cos seus proxectos eólicos espoliadores. Cando xa contiñamos o alento ao TSXG suspender cautelarmente o parque eólico do Campo das Rosas, outro proxecto, este aínda máis grande, volve a activar todas as alarmas”.

Cren que a suspensión cautelar de eólicos que afectan á contorna da Rapa das Bestas por parte da xustiza “debería ser motivo abondo para que o Goberno do estado non admita a trámite outra nova agresión o noso medio e a nosa cultura e patrimonio” e anunciaron que instarán ao Concello a presentar alegacións.


Imaxe de portada:
Parque eólico // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario