A AC A Fervenza de Ouzande organizou unha nova edición da Ruta das Letras, que se recupera tras o parón da pandemia. Nesta nova edición, que se celebrará este venres 17, faráse un percorrido de 15 quilómetros polos montes de Ouzande e da Somoza, que levarán aos participantes ata o Punto Xeodéxico da Pedralba.
O roteiro, no que poderá participar quen o desexe de forma completamente gratuíta, comezará ás 9.30h na Igrexa de Ouzande e durará catro horas, con final no mesmo punto. Os participantes serán agasallados cun libro.
Entre os lugares de interese destacan os Montes do Pedroso e da Pedralba, o Monte Cabalar e vistas panorámicas que, nos días de mellor visibilidade, permiten ver as Rías de Arousa e Pontevedra.
Imaxe de portada:
Vistas desde o Monte Cabalar // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario