Belén López propón que se constrúa unha pista de petanca na Estrada

Belén López propón que se constrúa unha pista de petanca na Estrada

O PSOE presentou no Concello unha moción encabezada pola súa concelleira Belén López para que se constrúa unha pista de petanca no casco urbano. López destacou o baixo custo do equipamento e que é un deporte “que pode practicar calquera veciño ou veciña” e de calquera idade.

Ademais, comentou que cada vez hai máis interesados en inciarse neste deporte popular e, incluso, existe a intención de crear un clube local.

Valorou que este espazo poderíase situar na Praza da Feira ou na Carballeira de Melania e que debería ser un espazo cuberto para poder xogar nos días de chuvia.

Remarcou que esta proposta é diferente á dos xogos populares que se instalaran na antiga alameda, que“non tiveron ningún éxito porque non había demanda, porque non se lle fixo promoción e porque as instalacións deixaban moito que desexar”.


Imaxe de portada:

Praza da Feira // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario