O Festival As Nosas Músicas, que todos os anos se celebra en Couso, recibiu este mércores o Premio Martín Códax da Música na categoría de Festivais. O galardón foi entregado polo tamén estradense José López Campos, actual Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.
Desde a organización agradeceron o apoio que reciben todos os anos e os votos recibidos e adicáronlle o premio “á xente que aló polo ano 1996 foi valente e quixo facer unha festa diferente, quixo facer unha festa de música tradicional”.
“Grazas, sobre todo, á cultura galega, grazas á cultura galega, grazas á música galega e grazas, en especial, á música e ao baile tradicional galegos”
Imaxe de portada:
Entrega do premio // Captura de pantalla

Deixar un comentario