Entre o 6 e o 9 de xuño todos os cidadáns da Unión Europea está chamados ás urnas para elixir o novo Parlamento Europeo. A maioría dos Estados membros, incluído España, votarán o domingo 9.
En total, os 27 países que conforma a Unión Europea elixen 720 deputados, dos cales 61 serán de España. As eleccións serán como outras calquera, pero coa diferencia de que España será unha única circunscripción.
Despois de que se coñeza o reparto de escanos, os diferentes partidos electos organizaránse en grupos políticos, que se agrupan por ideoloxías. Isto non é obrigatorio, e os que non pertenzan a ningún grupo político pertencen aos non inscritos.
Na primeira sesión plenaria elixiráse o novo presidente ou presidenta do Parlamento e, no seguinte, ao Presidente da Comisión Europea.


Deixar un comentario