17 de maio: un día, dúas loitas

17 de maio: un día, dúas loitas

Cada 17 de maio é un dos días máis importantes para os galegos, pero tamén é un día de gran importancia para un colectivo históricamente discriminado.

Ese día os galegos saímos á rúa para reivindicar o uso da lingua, cada vez cun uso máis decadente, e facémolo homenaxeando a un escritor, a unha escritora, a un poeta, a unha poeta…

E facémolo o 17 de maio porque ese día (pero de 1886) Rosalía de Castro publicaba Cantares Gallegos. Pero tamén un 17 de maio, neste caso de 1990, a OMS eliminaba a homosexualidade da súa lista de enfermidades mentais.

Por iso, desde 2005 celébrase cada 17 de maio o Día contra a LGTBIfobia, denunciando os ataques dos que son vítimas as persoas homosexuais, bisexuais e transexuais.

E os datos indican que ambos días continúan a ser necesarios: a poboación que emprega máis o galego ca o castelán pasou dun 63,5% en 2003 a un 52% en 2018, segundo o IGE e, no relacionado co colectivo LGBT, en España 3,5 millóns de persoas pertencen a el, segundo o IGE, e o 80% tería sufrido algún tipo de agresión física ou verbal.

Comentarios

Deixar un comentario