O Xornal da Estrada leva varios meses preparando unha reportaxe que se publicará próximamente na súa canle de YouTube. Nela analizaráse a situación lingüística da Estrada, co foco posto nos adolescentes.
En dita reportaxe, entrevistaráse a seis persoas de diferentes sectores profesionais, que analizarán os resultados dunha enquisa que levou a cabo este medio en dous institutos do concello e aportarán o seu punto de vista a grazas á súa experiencia.
Ademais da canle de YouTube, a reportaxe estará dispoñible na web do Xornal e no seu Spotify. Poden acceder a todos eles a través da páxina Redes e contacto.
Imaxe de portada:
IES Manuel García Barros // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario