Orazo celebrará esta fin de semana as súas festas na honra a Santa Lucía. A festa comezará coa misa solemne deste sábado ás 13.00h. Tras iso actuará o grupo folclórico Os que Hay e, á noite, farano Punto Zero e Taki/Cardia.
O domingo haberá misas rezadas ás 10.00 e ás 11.00h e unha misa solemne ás 13.00h. A continuación, actuarán as bandas de música Unión Musical Ponteledesma e Recreativa de Bandeira. A verbena estará a cargo de Cristina e Nicole.

Deixar un comentario