Unha quincena de persoas camiñando polas Letras Galegas

Unha quincena de persoas camiñando polas Letras Galegas

Tras varios anos de parón, a AC A Fervenza de Ouzande recuperou a súa Ruta das Letras, na que participou unha quincena de persoas. Cun percorrido modificado debido á meteoroloxía, os camiñantes completaron as catro horas de roteiro previstas.

Cando regresaron á Igrexa de Ouzande, que fora o punto de partida, foron agasallados con libros.

Desde a asociación aproveitaron para anunciar que o domingo 2 de xuño terá lugar a excursión anual, que nesta ocasión será á zona de Ortegal. Nos vindeiros días darán máis información.


Imaxe de portada:
Participantes da camiñata // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario