O domingo 2 de xuño Loimil celebrará a 22ª edición da Festa do Año ao Espeto, Os actos comezarás ás 13.00h coa misa e bendición do agro e o posterior pregón a cargo do actor Gonzalo Valcárcel Nogueira.
A seguir comezará o xantar, que estará amenizado polo grupo de gaiteiros Os Ke Hai, polo grupo teatral A Cova das Letras e polo grupo Sharky Show Music.
O menú estará composto por empanada, polbo, año ao espeto, sobremesa, café e augardente e será servido pola Puplería Crisóstimo. Custará 35 euros, pero para os rapaces e rapazas de 5 a 12 anos será de 15 euros. As reservas faránse ata o martes 28 de maio.
As entradas véndense en nos locais TL3 da Estrada, BD2 de Arnois, no Restaurante O Peixeiro de San Miguel de Castro, na Parrillada As Camelias de Loimil, no Restaurante o Cazador de Agar, na Panadería O Carrollo de Arnois, no Hotel América en Oca e na Taberna de Berres e a reserva faráse a través dos teléfonos 637 177 988, 687 006 309 ou 659 642 076.

Deixar un comentario