Este domingo Galicia maniféstase contra Altri: así podes chegar desde A Estrada

Este domingo Galicia maniféstase contra Altri: así podes chegar desde A Estrada

Este domingo terá lugar en Palas de Rei unha manifestación contra o proxecto de Altri. A protesta comezará ás 12.00h no Polígono Industrial e chegará ata o centro da vila.

Segundo confirmaron fontes da Plataforma Ulloa Viva ao Xornal da Estrada, están traballando para habilitar aparcadoiros e un amplo espazo para realizar unha comida. Ademais, varias organizacións e concellos están poñendo á disposición dos asistentes autobuses desde diferentes puntos da comunidade.

Polo momento non se confirmou que se preste este servizo desde A Estrada, aínda que estaríase traballando niso. Iso si, haberá autobuses desde Agolada e desde a zona da Arousa. No primeiro dos casos, pódese ter máis información e reservar praza chamando ao 639 88 37 63 ou ao 650 33 80 15. No caso de Vilagarcía, sairá ás 9.30h da Casa do Mar e poderáse facer reserva enviando un correo a pdrarousa@gmail.com.

Outra opción é subirse ao autobús de Baixo Ulla Vivo en Padrón. Pódese reservar e obter máis información contactándoos por redes sociais ou enviando unha mensaxe ao 671 69 14 72 ata este mércores.

A última das posibilidades é collelo no local da CIG en Santiago. Sairá ás 10.30h e pódese reservar chamando ao 627 912 542 (CIG) ou ao 981 570 099 (ADEGA).


Imaxe de portada:
Recreación virtual da fábrica de Altri // Greenfiber

Comentarios

Deixar un comentario