A excursión anual da Fervenza de Ouzande será a Ortigueira e á comarca de Ferrolterra. Será o domingo 2 de xuño, con saída e chegada na Igrexa de Ouzande.
Ás 9.00h comezará a viaxe dirección ao Faro de Bares. Despois visitaráse o Porto do Barqueiro e xantaráse no piñeiral da Praia de Morouzos, en Ortigueira.
As primeiras visitas da tarde serán a Loiba e á Serra da Capelada. Como din que a Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo, este será un dos lugares de visita. A última parada será Cedeira e, despois, regresaráse a Ouzande, chegando ás 21.00h.
O prezo da inscrición é de 15 euros para os socios e socias, de 10 para os socios e socias menores de idade e de 20 para aqueles que non son socios, independentemente da idade que teñan. As inscricións pódense facer enviando un correo a carreirosouzande@gmail.com, na Taberna de Ouzande ou chamando ao 986 570 285.
Imaxe de portada:
Santo André de Teixido // Jose Manuel, CC BY 2.0 https://creativecommons.org/licenses/by/2.0, via Wikimedia Commons


Deixar un comentario