A Estrada será a saída e a meta dunha proba ciclista

A Estrada será a saída e a meta dunha proba ciclista

Este sábado A Estrada acolleará a saída e a meta do Trofeo Ciclista Concello da Estrada. O punto de partida e chegada estará situado na Rúa Antón Losada Diéguez, á altura do Nuevo Tasmania.

En total participarán uns 130 ciclistas, repartidos nas categorías junior, máster 30, máster 40 e máster 50 e 60. O percorrido será duns 80,6 quilómetros, contando os 500 metros da saída neutralizada.

Perfil do Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada // O Xornal da Estrada

Os ciclistas sairán ás 16.00h dirección á Avenida de Santiago para continuar pola N-640. Á altura da gasolineira BP será a saída lanzada. Pasarán por Cuntis e en Moraña atoparánse co primeiro dos sprints intermedios. Pasarán por Porráns e por Piñeiro para ir ata Caldas de Reis

Será tras pasar pola vila cando atoparán a primeira gran dificultade da xornada, cun tramo de 1,69 quilómetros ao 4,85%. Os ciclistas volverán a pasar por Moraña e por Cuntis e será na última das localidades onde terán o segundo sprint intermedio.

Na Portela desviaránse para continuar polo val do Vea, pasando por Matalobos, Santo André de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Cora.

Tras isto, comezarán a ascender o segundo dos tramos de ascenso: os 2,27 quilómetros ao 5,24% que os levarán a Santeles. Continuarán por Toedo e Aguións e, despois, enfrontaránse a un tramo de 1,46 quilómetros ao 5,55% que rematan preto da Feira. O último quilómetro percorrerá 25 de Xullo e Gradín para chegar á meta en Antón Losada, algo que segundo a organización está previsto para pouco despois das 18.00h.

Últimos 5 quilómetros // O Xornal da Estrada

Serán os tres tramos de maior pendente que citamos anteriormente os que posiblemente seleccionen ou decidan a carreira, permitindo que algún dos ciclistas chegue en solitario ou que un grupo reducido sprinte en meta.

Ambos casos vímolos na edición pasada: Iago Alonso gañou na categoría máster 40 no sprint final, mentras que no resto de categorías o gañador cruzou en solitario a meta.


Imaxe de portada:
Rúa Antón Losada Diéguez // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario