Este domingo terá lugar en Palas de Reis a manifestación contra Altri. Comezará ás 12.00h no polígono industrial do municipio e dirixiráse á Praza da Feira de Palas. Alí Maika Sánchez Fuciños e Mónica Cea lerán o manifesto e, despois, haberá actuacións musicais.
A Plataforma Ulloa Viva publicou un mapa cos lugares de interés para os manifestantes e onde aparcar. Pódeno ver na imaxe que ilustra esta nova.
Protesta en Pontevea
Varias decenas de persoas manifestáronse na ponte romana de Pontevea contra a fábrica porque, segundo algúns informes, o Ulla veríase gravemente afectado pola contaminación que emitirá ás súas augas.
Imaxe de portada:
Cartel informativo sobre a manifestación // Plataforma Ulloa Viva


Deixar un comentario