Estas son as rúas e viais que verán afectada a circulación polo Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada

Estas son as rúas e viais que verán afectada a circulación polo Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada

Este sábado celebraráse o Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada e este afectará a circulación en varios puntos da Estrada e dos concellos polos que pasa.

Pode ver o percorrido nesta noticia:

Na Estrada serán a Rúa Antón Losada Diéguez (onde se situará a saída e a meta), a Avenida de Santiago, a Avenida de Pontevedra, a Avenida 25 de Xullo e a Rúa Gradín.

Outros viais que verán afectada a circulación son a N-640, a N-550, a EP-7004, a EP-7005, a EP-8400, a EP-8401, a EP-9407, a PO-213, a PO-221, a PO-226, a PO-531 e a PO-841, polas que circulará o pelotón nalgún momento.

Asociado ao paso dos ciclistas tamén van algunhas restriccións á hora de aparcar nos tramos polos que transcorrerá a carreira, polo que estean atentos á sinalización para evitar posibles sancións.


Imaxe de portada:
Rúa Antón Losada Diéguez // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario