Javier García gaña na Estrada

Javier García gaña na Estrada

A Estrada acolleu este sábado a saída e a meta do X Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada. Ás 2 horas e 1 minuto de carreira, os tres ciclistas que ían en cabeza – Javier García, Lázaro López e Juan José Bodelo- sprintaban para decidir en que posición quedaba cada un.

García, que competía na categoría Máster 30, era o primeiro que entraba, proclamándose gañador da carreira. Seguíao Bodelo – gañador en Máster 40 – e López.

A 20 segundos entraba o pelotón, no que entraron Jose María Tajes, vencedor na categoría Máster 50, e Iván Puentes, gañador da categoría júnior.

Na entrega de premios tamén se entregaron os maillots de campión da Copa Galicia.


Imaxe de portada:
Podium da categoría Máster 30 // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario