Tabeirós honra ao Santísimo Sacramento

Tabeirós honra ao Santísimo Sacramento

Este sábado terá lugar en Tabeirós a festa na honra ao Santísimo Sacramento. Comezará ás 12.30h coa actuación do grupo de gaitas Pereiriños. Media hora máis tarde comezará a misa cantada polo coro parroquial e, despois, será a procesión. Ao remate desta, terá lugar a sesión vermú a cargo de Los Chiky’s. Á tarde haberá hinchables e, pola noite, a verbena estará amenizada por Passión e Gran Parada.

Comentarios

Deixar un comentario